O verán está a piques de rematar

Contido recente

As últimas festas do verán
xoves, 6 Xullo, 2023

Os primeiros días de setembro (1-4) celebrase en Boiro a Romaría de San Ramón de Bealo, na Carballeira que rodea a capela de mesmo nome. Procesión, bailes tradicionais e verbena componen esta festa. 

Entre o 7 e o 11, celebranse dúas romerías de importante arraigo na Costa da Morte: A romaría da Virxe da Barca é unha das máis importantes e de maior tradición de Galicia. Esta festa declarada de Interese Turístico Nacional é unha boa oportunidade para coñecer o Santiuario de Nosa Señora da Barca, a Pedra de Abalar e toda Muxía en xeral. Nas mesmas datas celebrase a romaría da Nosa Señora dos Milagres de Caión no concello de Laracha. Ambas acompañan a tradición relixiosa con actividades para nenos, pasarúas e actuacións musicais.  

Se existe unha canción que tódolos galegos coñecen é a Rianxeira, achegate ao accendido das bengalas e cantaa cos centos de personas congregadas para a ocasión nas Festas da Guadalupe en Rianxo do 9 ao 16. 

En canto a festas gastronómicas podes achegarte a Neda para probar o seu pan entre os días 2 e 3, a Carral para saborear a súa empanada do 7 ao 11 e a Coristanco para degustar as súas patacas dende o 15 ata o 17. Todas estas festas de exaltación dos produtos gastronómicos están acompañadas de actividades e moita música. 

Unha festa que impacta a moitos dos achegados é a festa do Nazareno en Pobra do Caramiñal, especialmente a procesión votiva das Mortallas, na que persoas voluntarias procesionan dentro de fenetros. Podes visitar esta localidade e descubrilo dende o 15 ata o 19.