A pesca da sardiña será a protagonista no XI Víndemo Ver-Mercado da Deputación

Contido recente

paula.cabado_135
salva.mateu@bol...
Os días 28, 29, 30 e 31 de marzo a praza de San Gregorio de Carnota acollerá unha gran variedade de produtos da horta, ecolóxicos e de proximidade, xunto cun amplo abano de postos de artesanía de creadores e creadoras locais dentro do “Mercado da Deputación”
Costa da Morte » Carnota
mércores, 13 Marzo, 2024

Ademais destes espazos, distribuiranse pola praza diferentes postos de comida e bebida para degustar ao aire libre. A mostra compleméntase cunha ampla oferta de actividades culturais, deportivas e recreativas para todos os públicos.

O evento dará comezo o xoves 28 ás 17:00 h co acto de inauguración e a charla-coloquio con Santiago LLovo "A salga en Carnota" no salón de plenos do Concello.

O venres 29 de marzo será a XI BTT, con saída ás 09:30 h dende o pavillón de Carnota e con dous percorridos, un longo e outro curto. As inscricións permanecerán abertas ata o 26 de marzo en cronotec.es .

A programación inclúe unha andaina temática. A ruta elixida este ano é “Andar ao mar”, que transcorre dende o faro de Lariño ata Carnota, cun percorrido lineal de arredor de 13 km. Será o sábado 30 e a saída terá lugar ás 09:30 h, dende a praza San Gregorio de Carnota. O traslado ata o punto de inicio da ruta realizarase en bus. As inscricións poderán realizarse en carnota.gal ata o 26 de marzo de 2024.

Haberá, ademais, innumerables actividades lúdicas para a rapazada e tamén haberá actuacións culturais e música tradicional para amenizar o ambiente, a cargo das bandas de gaitas Longarela e Ximiela e da Agrupación Musical Chan das Lamas.

E para amenizar as noites haberá concertos. O xoves 28, ás 22:00 h, actuará Chiña no posto de So’Nos e ás 23:30 h, Juan do Tractor no posto de Ximiela. O venres 29 ás 22:00 haberá un concerto do grupo local Ghachi Ki con ritmos latinos e ás 23:00 h concerto de Los Lunes al Sol, con versións dos anos 80, 90 ata a actualidade. A última noite de concertos será o sábado 30, con Xur ás 22:00 h, e The Rapants ás 23:00 h.  

Durante os catro días, poderase visitar na carpa grande, no posto do Concello de Carnota – Deputación da Coruña a exposición “Andar ao mar en Carnota”

Descarga o programa