

No marco da FERIA INTERNACIONAL ABANCA SEMANA VERDE DE GALICIA ten lugar a feira TUREXPO 2023 os días 8,9,10 e 11 de xuño de 2023 no Recinto Feiral de Silleda.
O Salón Turístico de Galicia será un ano máis un destacado foro do sector a nivel nacional. Trátase dun gran escaparate para que as empresas poidan crear colaboracións e establecer sinerxias, promocionar a súa marca, reforzar o seu posicionamento e como non, animar aos viaxeiros e viaxeiras a visitar os seus destinos.
A Deputación representadrá aos destinos que conforman a provincia da Coruña por medio dun stand ubicado no Pabellón 2, preto a Huesca e a Axencia de Turismo de Galicia. Aínda que algúns deles contan co seu propio stand. Tamén aproveitamos a ocasión para poñer en contacto aos concellos con empresas do sector por medio das mesas de contratación turística.
O horario da feira é o seguinte: xoves e vernes de 10:00 a 20:00 h. sábado e domingo de 10:00 a 21:00 h. Anímate a visitar a feira e máis concretamente o noso stand onde haberá moito movemento e actividades participativas!