Centro de interpretación da natureza (Coirós)

O Centro de interpretación da natureza de Coirós é un punto de referencia para o coñecemento natural e ambiental da conca media do río Mandeo
Centro de interpretación da natureza de Coirós
Centro de interpretación da natureza de Coirós
Patrimonio provincial
As Mariñas » Coirós

O Centro de interpretación da natureza de Coirós é un punto de referencia para o coñecemento natural e ambiental da conca media do río Mandeo. 

Situado no lugar de Chelo, trátase dun enclave situado ao pé do Monte da Espenuca que foi declarado paisaxe pintoresco e destaca pola súa variada vexetación autóctona.

Este centro ofrece unha exposición permanente interactiva de grande interese para a persoa visitante. 
 

HORARIO:

Venres, sábados e domingos de 10:00 a 13:00 h  e de 16:00 a 19:00 h
Luns a xoves e festivos: pechado.

 

Teléfono de atención a visitantes: 981 796 088 

Coa colaboración do Concello de Coirós

INFORMACIÓN RELATIVA AO CORONAVIRUS:

  •  A entrada aos recintos deberá realizarse con máscara, que deberá levar cada persoa posta, excepto menores de 6 anos.
  • Deberán gardarse as normas de distanciamento e respectar o aforo máximo indicado para o recinto.  
  • Empregarán xel hidroalcohólico que estará a súa disposición. 

Os servizos de atención a visitantes ofrecidos pola Deputación da Coruña teñen carácter gratuíto. 

Información adicional: Servicio de Patrimonio de Contratación. Tlf: 981 080 314 / 981 080 300

http://www.dacoruna.gal/patrimonio/