Ecomuseo Forno do Forte

Este museo situado en Malpica de Bergantiños, expón ao público a tecnoloxía e o xeito de vida tradicional dos oleiros de Buño.
Forno do Forte
Forno do Forte
Patrimonio provincial
Costa da Morte » Malpica de Bergantiños

O Ecomuseo é un conxunto formado por antigas casas de familias alfareiras. Estes conxuntos contaban con vivenda, taller, forno, alpendre e cabazo. 

O obxectivo principal do museo é expoñer ao público a tecnoloxía e a maneira de vida tradicional dos oleiros de Buño. Aquí ofrécese á persoa visitante unha visión da vida tradicional e a oportunidade de vivir a experiencia de traballar nun torno e elaborar unha peza de barro.

Forno do Forte trátase pois, dun dos conxuntos etnográficos máis emblemático da comarca de Bergantiños.

Este conxunto foi rehabilitado para uso museístico no ano 1999 pola Deputación da Coruña.

 

HORARIOS:

https://www.dacoruna.gal/patrimonio/eco-museo-forno-novo/