Aldea Nova

Ferrolterra e Eume » Narón

O parque temático de Aldea Nova, situado no concello de Narón, ofrece diferentes posibilidades para a realización de actividades e talleres en calquera época do ano, tanto ao aire libre, poñéndonos en contacto coa natureza, a través das marabillosas paisaxes que rodean este entorno; como a través do coidado dos animais que viven alí: ovellas, cabras, porca, vaca, cabalos, burro, etc...

Por outra parte, os interiores permiten actividades, como a elaboración do pan, a astronomía, a reciclaxe... xa que as súas instalacións están adaptadas para iso.

Datas: De luns a domingo, baixo petición

Horario: De mañá (de 9:00 a 13:00 ou 10:00 a 14:00, según preferencia) ou completo (de 10:00 a 16:00)

Duración: 4 ou 6 horas

Guía: Si

Prezo: 10€ por escolar en horario de mañá. 12€ por escolar en horario completo

Nº de prazas: Máximo 150 escolares