Área recreativa O Castro

Ferrolterra e Eume » Cerdido

No interior do recinto amurallado dun castro de máis de 5000 anos de antigüidade, sitúanse hoxe en día as instalacións dunha acolledora e moderna zona de ocio para o goce do tempo libre.

Componse dos seguintes elementos:

  • Zona de arboredo dotada de barbacoas, mesas, fontes e bancos;
  • Parque infantil;
  • Pista polideportiva;
  • Piscina cuberta e climatizada;
  • Sala de exposicións e usos múltiples;
  • Paseo fluvial do río Pontellas.

Trátase dun espazo ideal para a organización de distintas actividades a levar a cabo co alumnado no medio da natureza. 

Datas: De luns a domingo

Horario: Baixo petición

Duración: Media xornada ou xornada completa

Guía: Si

Prezo: De balde

Nº de prazas: Sobre 50-55 escolares