Unha ruta para descubrir a forma e o sentido dunha estrutura urbanística única en Galicia: o barrio da Magndalena. O plano urbanístico deste barrio foi aprobado por Carlos III no ano 1761 e é un dos exemplos máis singulares da arquitectura da Ilustración do século XVIII. É pois, o prototipo de cidade da Ilustración, planificada e racional, ainda que reformada con edificios modernistas.
Ás veces o máis próximo é o menos coñecido, por iso imos pasear polo centro de Ferrol para coñecer a historia, a forma e o sentido que ten o Barrio da Magdalena, unha estrutura urbanística única en Galicia e que val a pena que as nosas pequenas e os nosos pequenos coñezan.
Esta visita pode combinarse cunha visita a algún edificio destacable como o teatro Jofre, o centro cultural Torrente Ballester ou a Concatedral de San Xiao.
Datas: Baixo petición
Horario: Baixo petición
Duración: Dúas horas aproximadamente
Guía: Si
Prezo: 2,50€ por escolar
Nº de prazas: Sobre 50 escolares
CONTACTO DIRECTO CON FERTUR
Teléfono: 696531070
Correo electrónico: ferturguias@yahoo.es