Fermosa ruta homologada de sendeirismo (PR-G 148), mirando ao río Anllóns e ao mar de Corme, que na súa versión máis longa vai desde a ponte de Ponteceso, diante da casa natal do poeta Eduardo Pondal, pasando polo dique do Couto, o esteiro do río Anllóns (ZEC e ZEPA) e a ladeira do Monte Branco, desde o que se pode contemplar unha fermosa vista do sistema dunar da Ensenada da Insua, a praia da Barra, a praia e piñeiral de Balarés, o alto do monte da Facha, cunha vista panorámica tamén da ría de Corme a Laxe, a Pedra da Serpe, a praia e o piñeiral da Ermida, a praia do Osmo e o porto de Corme.
De todos os xeitos, a ruta presenta varias posibilidades, podendo facerse ata o esteiro do río Anllóns, a praia de Balarés ou Corme, segundo a distancia e tempo de percorrido desexado. En todos os casos a dificultade para completar o itinerario é baixa e hai acceso en autobús.
Datas: De luns a venres, con dispoñibilidade os fins de semana, con solicitude previa
Horario: Mañá e tarde
Duración: De media hora a 3 horas e media, en función da distancia percorrida
Guía: Si
Prezo: De balde
Nº de prazas: 55 escolares