Casa do mel

Casa do mel
Casa do mel
Ferrolterra e Eume » As Pontes de García Rodríguez

A Casa do mel é un centro de divulgación apícola que se encontra en Goente, As Pontes (A Coruña). Recibe visitas de grupos de escolares e doutros colectivos. Nestas visitas dase a coñecer todo o relacionado coa apicultura: coñecer máis sobre as abellas e os produtos da colmea, a relación entre as flores e as abellas... Ademais, pódese ver como traballan as abellas, cunha visita á colmea de observación, degustar diferentes tipos de mel e participar nun obradoiro de candeas con cera natural. 

Datas: durante todo o ano concertando visita 

Horario: de 9:30 a 13.00 h e de 16.00 a 21.00 h. 

Duración: 2 horas.

Prezo: 3 € (inclúe 1 candea, 1 tarriño de mel de 30 gr e un folleto informativo).

Nº de prazas: 60. 

Contacto directo co centro: 

Teléfono: 661 003 616. 

Correo electrónico: info@casadomel.es

Páxina web: www.casadomel.es