Centro de interpretación Caldoval

Ferrolterra e Eume » Mugardos

O xacemento de Caldoval é ata agora o único baño doméstico (balneum) con palestra atopado en todo o noroeste peninsular. Un complexo dedicado á hixiene, á saúde, ao ocio e probablemente tamén á práctica deportiva. Uns restos romanos en gran estado de conservación que datan do século I d.C. situados no Concello de Mugardos. O percorrido guiado polo xacemento ten unha duración aproximada de 45 minutos.

Como complemento á visita ao centro de interpretación de Caldoval, o museo ofrece unha serie de talleres didácticos adaptados a cada idade. Unha maneira diferente e divertida de coñecer o xacemento, a cultura do mundo romano, os seus xogos e deportes, as termas e o coidado corporal, a arte romana, e moitas máis cousas relacionadas con esta fantástica civilización á que tanto lle debemos. 

Ademais, pódese visitar Caldoval dunha maneira diferente coa Busca do Tesouro de Caldoval. Varias pistas agochadas polo centro de interpretación guiarán aos participantes que, tras realizar unha serie de probas, poderán atopar un verdadeiro tesouro oculto!

Datas: todos os venres están adicados a escolares. Aberto tamén sábados, domingos e festivos

Horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h

Duración: visita guiada (45 min), obradoiro (50 min) e xogo de pistas (40 min)

Guía: Si

Prezo: gratuíto

Nº de prazas: sobre 50 escolares