Centro de Interpretación do Pico Sacro

Terras de Santiago » Boqueixón

Este centro de interpretación ofrece visitas guiadas coas explicacións apoiadas nos paneis ilustrativos que están distribuídos por todo o centro.

Explícase a orixe e formación do Pico, lendas, importancia relixiosa, relación coa cultura xacobea e referencias literarias que se atopan sobre o Pico.

Tamén cabe a posibilidade de ver un vídeo sobre o Pico Sacro con contidos que complementan a visita.

Datas: De luns a venres

Horario: De 8:00 a 15:00 horas

Duración: Unha hora como máximo

Guía: Si

Prezo: De balde

Nº de prazas: 25 persoas