Ecoescola Aula da Reciclaxe As Campeiras

Ferrolterra e Eume » As Pontes de García Rodríguez

As Campeiras é un centro de educación ambiental que se atopa no Concello das Pontes. Inaugurado no ano 2015, o seu obxectivo é orientar a actividade educativa á cultura da reciclaxe e á mentalización cidadá sobre a xestión dos refugallos domésticos e urbanos; conta cun espazo onde a totalidade do mobiliario é feito con materiais 100% reciclados.

Durante a visita poderase contemplar unha exposición didáctica sobre a regra das "3R" (reducir, reempregar e reciclar), con paneis explicativos sobre o ciclo do lixo, cun percorrido sobre a historia da reciclaxe e con múltiples xogos e recursos interactivos que serven como exemplo de concienciación.

Coa axuda do habitante da ECOescola, a simpática mascota chamada Refu, os escolares e as escolares entenderán e levarán á práctica novos métodos para interpretar a xestión dos refugallos do día a día, aprendendo a aplicar boas prácticas de maneira didáctica e divertida a través de xogos, audiovisuais e múltiples recursos.

Datas: De luns a venres

Horario: De 9:30 a 15:00

Duración: Entre unha hora e media e dúas horas

Guía: Si

Prezo: De balde

Nº de prazas: Sen límite

CONTACTO DIRECTO CO CENTRO

Teléfono: 981 453 116 (ext. 350 ou ext. 239)

Correo electrónico: emprego@aspontes.org

Páxina web: https://www.auladareciclaxe.es/