Fervenzas do río Pontellas

Ferrolterra e Eume » Cerdido

Esta ruta ofrece a oportunidade de percorrer as ribeiras do río Pontellas, na que se pode facer unha parada nun muíño tradicional e unha pequena minicentral eléctrica, así como cruzar numerosas pontellas, elementos que dotan dun grande valor etnográfico ao percorrido. 

Trátase dunha enriquecedora experiencia que combina natureza, tradición e modernidade.

Datas: De luns a domingo

Horario: Baixo petición

Duración: Media xornada ou xornada completa

Guía: Si

Prezo: De balde

Nº de prazas: Sobre 50-55 escolares