Granxa do Souto

Ferrolterra e Eume » Ortigueira

Na granxa do Souto atopámonos cun picadeiro de cabalos que nos ofrece un abano de actividades que ofrecer ao alumnado.

Entre as actividades que nos ofrece este espazo está o goce da vida na granxa, o bautismo hípico, a posibilidade de elaborar un obradoiro de millo e horta, dar un paseo polas ribeiras do río, facer interacción animal e elaborar diferentes talleres na aula de natureza da que dispón a granxa.

Datas: Baixo petición. De luns a sábado

Horario: Baixo petición

Duración: 1 ruta para 1 día

Guía: Si

Prezo: 

  • Máis de 80 escolares: 13 € / escolar.
  • Entre 80 e 51 escolares: 15 € / escolar.
  • Entre 50 e 21 escolares: 17 € / escolar.
  • Entre 10 e 20 escolares: 20 € / escolar.

Nº de prazas: 100 escolares