Horticina

Ferrolterra e Eume » Cerdido

Horticina é unha explotación situada na parroquia da Barqueira, en Cerdido. Trátase da maior plantación de arandos do norte peninsular., pola que poderemos gozar dunha fascinante visita a través desta proposta. 

Pasear e coñecer a finca de preto de 90 hectáreas e miles de plantas dese froito, os tres tanques de auga con varios millóns de litros cada un, a sala de distribución de abonos, a pequena fraga que alberga no seu interior e a encantadora xente que a xestiona fai desta visita unha experiencia moi gratificante para o alumnado.

Datas: de luns a domingo

Horario: baixo petición

Duración: media xornada ou xornada completa

Guía: si

Prezo: de balde

Nº de prazas: sobre 50-55 escolares