As Mariñas » Betanzos
O museo, referente da comarca, comparte instalacións coa biblioteca e o arquivo municipal no antigo Mosteiro de Santo Domingo.
Pódense contemplar variadas mostras de pezas arqueolóxicas procedentes da comarca, así como varias seccións dedicadas á etnografía, ao traxe galego e ás táboas do apostolado da escola de Rubens.
Destaca a colección de tapices e encaixes, depósito da Fundación Jiménez Cossío.
Datas: De luns a venres
Horario: De 10:00 a 14:00 horas
Duración: Unha hora e media
Guía: Si
Prezo: 44€ por grupo
Nº de prazas: 50 escolares