O edificio, que na actualidade ocupa o Museo de Bergantiños, foi construído en 1851 e foi antigo cárcere de Carballo. A finais dos anos 90, comezouse a rehabilitación feita polo prestixioso arquitecto Manuel Gallego Jorreto ata o ano 2002, no que se inaugurou e abriu as súas portas como museo etnográfico. A través do seu contido expositivo é posible achegarse á cultura, á historia e aos costumes das terras bergantiñás e da Costa da Morte.
Datas: baixo petición.
Horario: baixo petición:
> De martes a venres, de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.30.
> Os sábados e os domingos de feira (2º, 4º e 5º), de 11.00 a 14.00.
> Domingos non feirados (1º e 3º) e luns, pechado.
Duración: 1 hora aprox.
Guía: si
Prezo: de balde.
Nº de prazas: de 25 a 30 escolares por grupo/visita.
Contacto directo co centro:
Teléfono: 981 70 20 77
Correo electrónico: museo@carballo.gal
Páxina web: www.turismocarballo.org.
Formulario de reserva:
https://docs.google.com/forms/d/15RDVJWJSuQvsrliPBq3Kq4sluEAJCnx52Ds4SKN...