O Museo do Humor de Fene bota andar na década dos oitenta a partir dunha exposición dos debuxantes Siro e Xaquín Marín, onde presentaban un manifesto a favor da mobilización en defensa do humor. Trátase dun Museo moi necesario ante a realidade dos nosos días.
Oriéntase ao humor gráfico contemporáneo, tanto galego como internacional. Aborda temáticas varias sobre as sociedades do último século, con múltiples representacións onde se adoita mostrar un modo gracioso de afrontar o desastre, pero tamén onde se invita á reflexión sobre asuntos que afectan ao colectivo.
Ademais, existe a posibilidade de combinar a visita co Parque de Educación Viaria, abordando un aspecto no que, como é sabido, é moi importante concienciar desde idades temperás.
Datas: de luns a venres
Horario: de 10:00 a 14:00 horas
Duración: unha hora e media
Guía: si
Prezo: de balde
Nº de prazas: 30 escolares