Costa da Morte » Laxe
A exposición permanente do Museo do Mar permite coñecer a través de catro salas a historia e evolución da vila mariñeira de Laxe ao longo dos últimos séculos.
A pesca artesanal, a creación e funcionamento do primeiro laboratorio xeolóxico de Galicia, a extracción do caolín, a arquitectura da casa tradicional mariñeira, a pesca da balea ou os naufraxios históricos da costa de Laxe, son algúns dos temas nos que poderán adentrarse os escolares para coñecer de primeira man a vida e evolución dunha típica vila mariñeira.
Datas: De luns a venres, con dispoñibilidade de fin de semana baixo petición
Horario: Baixo petición
Duración: 2 horas
Guía: Si
Prezo: 1€
Nº de prazas: Máximo 50-55 escolares