Barbanza-Arousa » Rianxo
Esta visita ofrece a posibilidade de coñecer máis sobre o mundo marítimo e pesqueiro, incidindo tamén na conservación e na conciencia medioambiental.
Con respecto á Casa Museo Manuel Antonio, a persoa visitante poderá valorar o patrimonio cultural, así como aproveitar a explicación sobre o legado do autor e aspectos relevantes da Galicia da época.
Datas: De luns a venres
Horario: 9:00-15:00h.
Duración: 2 horas (unha por cada recurso)
Guía: Si
Prezo: De balde
Nº de prazas: 25 escolares por recurso