Ferrolterra e Eume » Neda
Para coñecer os efectos das estacións o mellor é meterse nunha fraga, alí veremos as cores, os froitos, as árbores e as súas follas que caen.
Complementando iso coa arquitectura popular como son os muíños ou as pontes. Visitamos a Fraga do Belelle e a fervenza do Belelle.
Con bus grande supón unha marcha de 1 quilómetro ida e outro de volta.
Datas: Baixo petición
Horario: Baixo petición
Duración: Variable, dependendo do que se camiñe, entre dúas e catro horas
Guía: Si
Prezo: 3€ por escolar
Nº de prazas: Sobre 50 escolares