Roteiro do casco histórico

As Mariñas » Betanzos

O obxectivo desta ruta é dar a coñecer todo o patrimonio histórico artístico da cidade de Betanzos.

O casco histórico de Betanzos foi declarado conxunto histórico artístico en 1970 e conta con dous monumentos nacionais como son as igrexas de Santa María de Azogue e San Francisco.

A través do percorrido polo recinto medieval da cidade, a única de Galicia que conserva tres portas medievais, coñeceremos episodios da historia da cidade, feitos curiosos e visitaremos os principais monumentos.

Datas: De luns a venres

Horario: De 10:00 a 14:00 horas

Duración: Unha hora e media

Guía: Si

Prezo: 44€ por grupo

Nº de prazas: 50 escolares