Ruta ideal para observar os distintos tipos de dunas, as adaptacións da flora dunar ou os habitantes do rochedo.
É un Lugar de Importancia Comunitaria. O itinerario faise coa finalidade de divulgar esta zona Rede Natura 2000 e de aproximarnos ao entorno e aprender a valoralo, potenciando nos individuos as capacidades como a observación, análise, investigación, toma de conciencia da problemática ambiental, fomentando as actitudes e valores críticos e respectuosos co medio ambiente.
A ruta está organizada de xeito que, a medida que se vai facendo o percorrido, se poida recoñecer a paisaxe, flora e fauna máis relevante, así como algunhas curiosidades e lendas.
Datas: Baixo petición
Horario: Baixo petición
Duración: Entre unha hora e unha hora e media
Guía: Si
Prezo: De balde
Nº de prazas: Entre 50 e 55 escolares