Ruta duns 14 quilómetros de dificultade media, ideal para contemplar unha gran diversidade arbórea a carón dos regatos e tamén unha ampla variedade de gando pacendo tranquilamente (vacas, cabalos e cabras).
Grandes vistas á verde natureza, en especial aos vales, nunha ruta que chega aos 678m de altitude, xusto no alto do monte da Muralla, onde impera tamén a impresionante imaxe dos aeroxeradores, que representan un dos máis populares sistemas para obter enerxías renovables.
A altura sobre o nivel do mar é a que explica que se poidan divisar lugares como a ría de Arousa, a serra do Barbanza ou incluso, se a meteoroloxía o posibilita, a Catedral de Santiago.
Datas: Baixo petición, en calquera momento
Horario: De mañá
Duración: 4 horas aproximadamente
Guía: Si
Prezo: Gratis
Nº de prazas: 50 escolares