Esta ruta é ideal para coñecer o patrimonio asociado ao enclave, aos aspectos xeolóxicos e aos ambientais.
O Monte Louro é un Lugar de Importancia Comunitaria. O itinerario faise coa finalidade de divulgar esta zona Rede Natura 2000 e de aproximarnos ao entorno e aprender a valoralo, potenciando nos individuos as capacidades como a observación, análise, investigación, toma de conciencia da problemática ambiental, fomentando actitudes e valores críticos e respectuosos co medio ambiente.
A ruta está organizada de xeito que, a medida que se vai facendo o percorrido, se poida recoñecer a paisaxe, flora e fauna máis relevante, así como algunhas curiosidades e lendas existentes ao redor deste monte.
Datas: Baixo petición
Horario: Baixo petición
Duración: Entre 2 horas e 2 horas e media
Guía: Si
Prezo: De balde
Nº de prazas: Entre 50 e 55 escolares