Ruta do río Vilacoba e San Xusto

Ría de Muros e Noia » Lousame

Ruta de sendeirismo que transcorre polos distintos recursos patrimoniais da zona (igrexas, ponte, petroglifo...), sen deixar de centrarse tamén nas vistas e a paisaxe natural. Mención aparte merece a visita ás antigas fábricas de papel, testemuñas privilexiadas da historia da vila.

Datas: Baixo petición, en calquera momento

Horario: De mañá

Duración: 5 horas aproximadamente

Guía: Si

Prezo: Gratis

Nº de prazas: 50 escolares