Ruta praia da Madalena-Río Castro

Ferrolterra e Eume » Cabanas

Nesta actividade faremos unha ruta que partirá do piñeiral anexo á praia da Magdalena, este espazo está formado por piñeiros, salgueiros, carballos, mimosas e outras especies arbóreas. Está habitado tamén por numerosos paxaros, como o pimpín ou o pombo torcaz entre outras moitas interesantes especies. Neste lugar frecuentan a miúdo mansos esquíos e outros mamíferos moi curiosos.

A partir deste piñeiral, comezamos nunha longa ruta, que permitirá gozar da natureza, de espectaculares vistas da praia, da Capela da Magdalena, o Río Castro e outros moitos atractivos.

Trátase dunha ruta ideal para aprender dun modo moi ameno sobre os valores biolóxicos, medioambientais e culturais dos múltiples lugares visitados. Ademais, existe a posibilidade de facer a volta en kaiak, xa que a ría de Ares destaca polas súas augas tranquilas.

Datas: De luns a venres, baixo petición

Horario: Baixo petición

Duración: Mínimo unha hora e media. A partir de aí pódese aumentar ata un día enteiro, que adoita ser o habitual

Guía: Si

Prezo: Sen kaiak: 10€. Con volta en kaiak: 13€. Ida e volta en kaiak: 15€

Nº de prazas: Camiñando sobre 50 escolares. Ida andando e volta en kaiak 50 (divididos en dous grupos de 25)