Ferrolterra e Eume » Cedeira

San André de Teixido ou San André de Lonxe, é un santuario sobradamente coñecido como punto de chegada de peregrinacións de milleiros de persoas no noso país. Situado na Serra da Capelada, trátase dun contorno cheo de maxia onde os motivos espirituais da visita se ven alimentados pola grande riqueza paisaxística do lugar. 

O roteiro de sendeirismo que ofrece esta actividade permitirá a inclusión nun dos paraxes de referencia da peregrinación en Galicia a través dos camiños tradicionais, onde a visita a uns cantís únicos irá acompañada de diferentes historias e lendas do lugar que mergullará ao alumnado nunha experiencia inesquecíbel.

Datas: Baixo petición. De luns a sábado

Horario: Baixo petición

Duración: 1 ruta para 1 día

Guía: Si

Prezo:

• Entre 40 e 50 escolares: 4 € / escolar.
• Entre 30 e 40 escolares: 5 € / escolar.
• Entre 20 e 30 escolares: 6 € / escolar.
• Entre 10 e 20 escolares: 7 € / escolar.
• Entre 5 e 10 escolares: 15 € / escolar.
• Menos de 5 escolares: 30 € / escolar.

Nº de prazas: Sobre 50 escolares