As Mariñas » A Coruña
Esta visita guiada permite coñecer os segredos dun dos bens patrimoniais máis importantes do país, a Torre de Hércules.
Declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco, é o faro activo máis antigo do mundo, ademais de ser o único romano.
Datas: Luns a domingo
Horario: De 10:00 a 18:00. Última entrada ás 17:30
Duración: De 40 a 45 minutos
Guía: Si
Prezo: De balde para os colexios da cidade da Coruña. Os escolares de ata 14 anos pagan 1,50€, os de 15 en adiante 3,00€. Os mestres non pagan
Nº de prazas: Sobre 30 escolares