Ría de Muros e Noia » Muros
Laxe das Rodas é un xacemento de arte rupestre ao aire libre. En Muros, existen numerosas estacións rupestres ao aire libre dispersas por todo o territorio.
Desde o ano 2006 estanse a levar a cabo traballos arqueolóxicos coa finalidade de recuperar, preservar e difundir unha parte do rico e amplísimo patrimonio arqueolóxico deste concello.
Datas: Baixo petición
Horario: Baixo petición
Duración: Entre unha hora e unha hora e media
Guía: Si
Prezo: De balde
Nº de prazas: Entre 50 e 55 escolares