Este castelo, situado na parroquia de San Fiz no Concello de Brión, foi construído no século IX sobre o que fora un castro celta, foi derrubado no século XIV polos Irmandiños e volto a construír en 1741.
Tiña seis torres e unha muralla rodeando un suntuoso pazo, coa capela dos Reis Magos, onde eran soterrados os seus señores en magníficos panteóns. A partir do século XVII, os condes deixaron de habitalo castelo.
A finais do século XIX foi utilizado como “canteira” por varios construtores.
Na actualidade consérvase soamente unha moi derrubada estrutura consistente nun torreón (torre da homenaxe) con bóveda de canón e espingaduras abucinadas; a parede dunha cruxía na que se conserva unha portada gótica cunha fiestra oxival, o pozo do castelo, así como a base da fortificación dunha cantería propia do século XV.
Horario de visita:
Visita libre.
Teléfono de atención a visitantes: 981 080 300 / 981 080 366
INFORMACIÓN RELATIVA AO CORONAVIRUS:
- A entrada aos recintos deberá realizarse con máscara, que deberá levar cada persoa posta, excepto menores de 6 anos.
- Deberán gardarse as normas de distanciamento e respectar o aforo máximo indicado para o recinto.
- Na páxina web figurará o aformo máximo indicado para cada centro.Empregarán xel hidroalcohólico que estará a súa disposición.
Os servizos de atención a visitantes ofrecidos pola Deputación da Coruña teñen carácter gratuíto.
Información adicional: Servicio de Patrimonio de Contratación. Tlf: 981 080 314 / 981 080 300