Torres de Altamira

Este castelo, construído no século IX sobre o que foi un castro celta, foi derrubado no século XIV polos Irmandiños e volto a construír en 1741.
Torres de Altamira
Torres de Altamira
Patrimonio provincial
Terras de Santiago » Brión

Este castelo, situado na parroquia de San Fiz no Concello de Brión, foi construído no século IX sobre o que fora un castro celta, foi derrubado no século XIV polos Irmandiños e volto a construír en 1741.

Tiña seis torres e unha muralla rodeando un suntuoso pazo, coa capela dos Reis Magos, onde eran soterrados os seus señores en magníficos panteóns. A partir do século XVII, os condes deixaron de habitalo castelo.

A finais do século XIX foi utilizado como “canteira” por varios construtores.

Na actualidade consérvase soamente unha moi derrubada estrutura consistente nun torreón (torre da homenaxe) con bóveda de canón e espingaduras abucinadas; a parede dunha cruxía na que se conserva unha portada gótica cunha fiestra oxival, o pozo do castelo, así como a base da fortificación dunha cantería propia do século XV.

Horario de visita: 

Visita libre.

Teléfono de atención a visitantes: 981 080 300 / 981 080 366

INFORMACIÓN RELATIVA AO CORONAVIRUS:

  • A entrada aos recintos deberá realizarse con máscara, que deberá levar cada persoa posta, excepto menores de 6 anos.
  • Deberán gardarse as normas de distanciamento e respectar o aforo máximo indicado para o recinto.
  • Na páxina web figurará o aformo máximo indicado para cada centro.Empregarán xel hidroalcohólico que estará a súa disposición. 

Os servizos de atención a visitantes ofrecidos pola Deputación da Coruña teñen carácter gratuíto. 

Información adicional: Servicio de Patrimonio de Contratación. Tlf: 981 080 314 / 981 080 300