A área de Turismo da Deputación da Coruña puxo en marcha a iniciativa 'A provincia que sabe' co obxecto de identificar a excelencia da cadea agroalimentaria da provincia.
'A provincia que sabe' nace, por tanto, como un distintivo específico para agrupar baixo un mesmo paraugas produtos agroalimentarios, empresas de transformación, distribuidoras e establecementos hoteleiros e de restauración, que desenvolvan a súa actividade con parámetros de sustentabilidade e calidade.
'A provincia que sabe' servirá, ademais, para que turistas que buscan a autenticidade nos lugares que visitan, consumidores que priorizan a calidade e o compromiso co territorio á hora de comprar e/ou facer reservas, e a propia comunidade local, conten cun único recurso que unifique os seus criterios de busca.
Para participar nesta iniciativa, e acadar a identificación 'A provincia que sabe', é preciso solicitalo a través do seguinte formulario
Iniciativas que poden formar parte de 'A provincia que sabe':
- Empresas /persoas autónomas produtoras
 - Empresas de transformación agroalimentaria
 - Empresas hostaleiras e de restauración
 
Marcas ou estratexias de calidade coas que deben contar as empresas/persoas autónomas solicitantes:
- Q de Calidade Turística
 - SICTED
 - Galicia Calidade
 - Norma ISO
 - Marca de calidade de Xeodestino
 - Marca de calidade local
 - I.X.P.
 - D.O.
 - Empresas que non conten con ningún distintivo dos anteriores pero que estean avaladas polo xeodestino en canto a compromiso inequívoco coa sustentabilidade, a calidade e a economía circular
 
Vantaxes de formar parte de 'A provincia que sabe':
- Formar parte dun selo de promoción que identifica iniciativas agroalimentarias e gastronómicas coa "excelencia", no marco da provincia da Coruña
 - Formar parte do circuíto de promoción da Deputación da Coruña en foros e certames especializados, tanto dentro da Galiza como no resto da Península
 - Contar con material promocial específico que identifique cada empresa co distintivo 'A provincia que sabe'
 
            


