Con esta actividade podemos percorrer unha ruta que transcorre pola marxe do río Eume. Nesta ribeira será doado contemplar unha variada de vexetación autóctona composta por castiñeiros, carballos, bidueiros, loureiros, piñeiros, amieiros, freixos, etc. Así mesmo, teremos a oportunidade de admirar e coñecer as distintas curiosidades de monumentos como a Ponte dos Andrade ou a igrexa parroquial de San Estevo de Irís do século XIX.
O valor das Fragas do Eume, como bosque atlántico costeiro máis importante e mellor conservado de Europa, dotan á experiencia dun gran valor didáctico.
A dificultade para realizar a ruta é baixa, existindo a posibilidade de facer a ruta en kaiak, dado que o río Eume destaca polas súas augas tranquilas e adáptase a grupos de distintas idades.
Datas: De luns a venres, baixo petición
Horario: Baixo petición
Duración: Mínimo unha hora e media. A partir de aí pódese aumentar ata un día enteiro, que adoita ser o habitual
Guía: Si
Prezo: Sen kaiak: 10€. Con volta en kaiak: 13€. Ida e volta en Kayak: 15€
Nº de prazas: Con Kaiak restrinxido a 40 escolares. Camiñando sobre 50 escolares. Ida andando e volta en Kayak 50 (divididos en dous grupos de 25)