A festa da exaltación deste tubérculo nace en 1981, pola necesidade de dar a coñecer a calidade deste produto gastronómico.
Setembro
3º domingo
Costa da Morte » Coristanco
Festas gastronómicas
San Roque -Traba
Produto:
Pataca
Ano primeira edición:
1980
O nome de Coristanco está asociado dende hai anos ao cultivo da pataca.
A primeira actividade festiva comeza pola mañá cos tractores engalanados con patacas. O día continúa co concurso gastronómico, degustación de patacas, actuacións de grupos de gaitas e danza.
Á hora da comida, repártese de balde a todas as persoas asistentes patacas (elaboradas de tres formas distintas) e viño.
Despois da comida continúase cos concursos: a recollida da pataca, que consiste en recoller no menor tempo posible un rego de patacas, e o baile da pataca, onde se premia a parella que consiga bailar máis tempo cunha pataca suxeita entre as súas frontes.