Open de Pesca sen morte en kaiak

O Club de Pesca Deportiva Cíes, en colaboración co Concello de Dumbría celebra os días 28 e 29 de abril o Open de Pesca sen morte en kaiak. Na contorna da Fervenza do Ézaro,este evento consiste nunha arte de pesca deportiva responsable, é unha oportunidade única para dar a coñecer esta localidade.
Estarán presentes tanto a nosa Comunidade Autónoma como País Vasco, Andalucía, Asturias, as Canarias, Cantábria e Castela, e incluso Portugal.
Invitámosvos a achegarvos ao Paseo Marítimo e a Praza do Ézaro de Dumbría!
PROGRAMA:
- Sábado 28 abril: Apertura e talleres.
Dende as 10 horas, haberá talleres para probar diferentes técnicas de pesca (en piscina) como: Slow Jigging e Shore Slow, Embarcación Fondeada, Currican, Fabricación de Señuelos, Spinning Ul, Darting e Top Water.
Encontras diferentes kaiaks chegados de América, os Jackson Kaiaks, de Sudáfrica, os Stealh Kaiaks, e dende Asturias, os Astur Kaiaks.
- Domingo 29 abril: Día da competición.
Os kaiaks teñen como hora de saída prevista as 11:00 da mañá e regreso as 17:00 da tarde.
Hai diferentes premios do 1º ao 5º clasificado, e segundo peza maior, maior número de capturas, club máis distante e club máis numeroso.
Destacar que o OPEN de PESCA sen morte en kaiak aposta por unha pesca responsable, polo que a proba é de captura e solta. Todas as capturas serán liberadas unha vez medidas.
Para rematar, realizarase un sorteo benéfico dos diferentes artigos de pesca doados polos patrocinadores, onde o recadado se lle doará a Asociación Española Contra o Cancro (AECC).
Vén gozar dun plan diferente, pesca responsable en Dumbría!
#DumbríaéDeporte #DumbríaéTurismo