Dolmen de Cabaleiros

O dolmen foi declarado monumento Histórico Artístico en 1975
Dolmen de Cabaleiros
Dolmen de Cabaleiros
Patrimonio provincial
Terras de Santiago » Tordoia

Este dolmen do Concello de Tordoia, está situado dentro dun peche de cachotería. Conserva restos da mámoa que aparece cuberta de herba, e nos arredores pódense ver piñeiros de gran tamaño.

Popularmente, é coñecido como “Casa da Moura” que, segundo as lendas levou a tampa na cabeza desde moi lonxe, mentres coas mans tecía un vestido.

Conserva seis chantas dunha cámara poligonal de 3,10 x 2,70 m., e unha altura de 1,70 m. A lousa de cuberta, de case 4 x 3,40 m., ten un grosor considerable.

O dolmen foi declarado monumento Histórico Artístico en 1975.

 

ATENCIÓN A VISITANTES: 

Visitas libres: todos os dias da semana

Visitas guiadas: do 1 de xullo ao 30 de setembro os sábados, domingos e festivos en horario de 11.00 a 19.00 h

 

Coa colaboración do Concello de Tordoia

 

INFORMACIÓN RELATIVA AO CORONAVIRUS:

  • A entrada aos recintos deberá realizarse con máscara, que deberá levar cada persoa posta, excepto menores de 6 anos.
  • Deberán gardarse as normas de distanciamento e respectar o aforo máximo indicado para o recinto. 
  • Empregarán xel hidroalcohólico que estará a súa disposición. 

Os servizos de atención a visitantes ofrecidos pola Deputación da Coruña teñen carácter gratuíto. 

Información adicional: Servicio de Patrimonio de Contratación. Tlf: 981 080 314 / 981 080 300

http://www.dacoruna.gal/patrimonio/.