O Centro etnográfico de Teixeiro acolle un centro de formación e interpretación ao redor do río Mandeo e a súa ribeira.
Este centro de visitantes ofrece unha función formativa a través de aulas, cursos e talleres e divulgativa a través do centro de interpretación, a través do cal se pon en valor o patrimonio cultural e etnográfico da conca do Mandeo.
Neste centro ofrécense visitas didácticas especialmente orientadas a xente moza en idade escolar. Conta cunha museografía moderna e interactiva posta ao servizo da persoa visitante que mediante a observación e a experimentación poderá aprender cousas por si mesma.
HORARIO:
De martes a venres: de 10:00 a 13:00 h e de 16:00 a 19:00 h.
Os sábados e domingos: de 10:00 a 13:00 h.
Luns pechado
Teléfono de atención a visitantes: 981 789 589
Coa colaboración do Concello de Curtis
INFORMACIÓN RELATIVA AO CORONAVIRUS:
- A entrada aos recintos deberá realizarse con máscara, que deberá levar cada persoa posta, excepto menores de 6 anos.
- Deberán gardarse as normas de distanciamento e respectar o aforo máximo indicado para o recinto.
- Empregarán xel hidroalcohólico que estará a súa disposición.
Os servizos de atención a visitantes ofrecidos pola Deputación da Coruña teñen carácter gratuíto.
Información adicional: Servicio de Patrimonio de Contratación. Tlf: 981 080 314 / 981 080 300