Feira San Martiño de Rúa de Francos

Teo che convida á Feira San Martiño de Rúa de Francos, un evento de arte, patrimonio, gastronomía e ocio para todos os públicos
Feira San Martiño de Rúa de Francos, Teo
Visita guiada ao Castro Lupario
Terras de Santiago » Teo
04 Novembro a 11 Novembro

O lugar de Francos na parroquia de Calo do concello coruñés de Teo, celebra a Feira do San Martiño cada 11 de novembro. Despois de cen anos, neste 2018 o programa e moi suxerente e cargado de actividades, e… se chove, deixa chover!

O programa fundaméntase, desde o 4 ao 14 de novembro, nas seguintes actividades:

Visita guiada ao Castro Lupario o domingo 4 de novembro, conducida polos arqueólogos David Abella e Vanesa Trevin Pita que dirixiron o acondicionamento deste lexendario espazo.

Primeira edición dos Cantos de Taberna de Véspera, mentras se goza do pobo nos establecementos. 

Protagonismo especial á gastronomía de calidade e aos produtos tradicionais. Este evento enogastronómico ofrecerá catas comentadas polos produtores dos viños da subzona Ribeira da Ulla do @DORiasBaixas, así como tamén dos queixos galegos con selo de orixe e calidade.

Carpa sobre mostras de artesanía galega.

A Barriga Verde co festival Titiriberia, chega este ano á súa terceira edición organizada pola asociación cultural Morreu o Demo para o Concello de Teo e coa colaboración da Deputación da Coruña.  

Máis info aquí

Galego