V Xornadas Micolóxicas de Zas

Os actos da xornada micolóxica comezarán as 9:30 horas cunha charla inicial sobre cogumelos a cargo de Martín Souto Souto. O remate da mesma, sobre as 10:00 horas, será a saída o campo para a recolección de exemplares, sendo a volta ás 13:30.
Ás 14:00 horas haberá unha comida a base de cogumelos e ás 16:00 a presentación e identificación dos exemplares recollidos e comentarios sobre a saída no propio restaurante.
A hora de finalización da xornada será sobre as 17:30 horas.
O prezo da xornada é de 7€, sendo gratuita para os nenos ata 15 anos.
Para participar nas xornadas é obrigatorio confirmar asistencia nos teléfonos 606 889 707 e 677 115 411.
A asistencia a degustación é opcional (cun prezo de 12€) e o menú é o seguinte:
- Risoto de cogumelos
- Revolto de cogumelos
- Carne asada con boletus
- Pan, bebida e café.
As prazas son limitadas