O Camiño do Norte é unha ruta de amplo calado histórico, xa que sen dúbida foi das primeiras en xurdir tras o descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago, xerando certa confusión hoxe en día co Camiño Primitivo. Nos seus primeiros anos, este camiño situado ao Norte, como o propio nome indica, cobraba todo o seu senso dada a gran expansión de Al-Andalus, que limitaba as posibilidades de itinerarios máis ao sur.
Os peregrinos asturianos e do resto del norte da península deron lugar ao seu propio percorrido, o Camiño do Norte. Este percorrido, que atravesa as terras do País Vasco, Cantabria e Asturias, entra en Galicia por Ribadeo.
O camiño na provincia
Na provincia da Coruña o Camiño do Norte percorre os concellos de Sobrado, Boimorto, Arzúa, O Pino e Santiago de Compostela. No primeiro deles, hai unha construción que destaca especialmente: o Mosteiro de Sobrado dos Monxes, cuxa actividade retornou a mediados do século XX, aparte de ser convenientemente restaurado, é unha parada obrigatoria para toda persoa que pise esta terra. Despois de pasar por Boimorto, lugar de pazos e bonitas balconadas dignas de visita, no municipio de Arzúa é onde este itinerario se conxunta co tan transitado Camiño Francés. Hai que recordar tamén que esta zona que percorre o Camiño do Norte na provincia, é moi recoñecida no eido gastronómico, como por exemplo no caso do Queixo de Arzúa.
Xa na urbe santiaguesa, á marxe de todo o que supón a espectacular Praza do Obradoiro, nas súas inmediacións destacan construcións civís como por exemplo o Pazo de Baamonde ou a Casa de Cabildo, comungando á perfección coas empedradas rúas compostelás. O peregrino tamén pode ver outros atractivos, sempre en harmonía co contexto, como as exposicións do museo do Centro Galego de Arte Contemporáneo (obra do aclamado arquitecto Álvaro Siza), apegado á modernidade e cun ollo posto sobre a realidade da cidade. Ao seu carón, destaca o conxunto que supoñen o Convento de Santo Domingo de Bonaval e o parque, de mesmo nome, que resulta ser un oasis de tranquilidade, vistas e recreación.
Máis información sobre o Camiño do Norte, aquí
Ao longo desta etapa, ao entrar na provincia da Coruña atopamos un dos Mosteiros máis coñecidos do Camiño: Sobrado dos Monxes. Este edificio cisterciense é unha antoloxía de estilos e épocas: destaca a súa igrexa barroca, os tres claustros, un deles chamado claustro dos Peregrinos do s. XVII, a capela do Rosario e de San Xoán, a sala capitular ou a cociña.
Moi preto do Mosteiro, podemos visitar tamén a Lagoa de Sobrado, construída polos propios monxes do mosteiro e gardiá dunha rica biodiversidade.
Unha vez deixado o núcleo de Sobrado dos Monxes co seu Mosteiro, a tan só 4 quilómetros e pertencendo ao mesmo concello atopamos a Igrexa de San Lourenzo de Carelle. Esta igrexa románica conserva o arco triunfal de entrada ao presbiterio e garda unha curiosa pila antiga de auga bendita.
Xa en Arzúa, a igrexa de Santiago, a capela gótica da Madalena, pertencente a outro hospital desaparecido, ou a capela da Mota, xunto a unha xenuína carballeira homónima son uns dos puntos interesantes para visitar nesta vila.
Fóra da ruta podemos atopar o Pazo de Brandeso ou o embalse de Portodemuros que ofrece unha ampla gama de actividades.