Pedaladas polo Camiño

Con motivo da celebración das I Xornadas do Camiño do Holandés-EuroVelo 3 o vindeiro venres, 15 de novembro, o concello de Touro convída aos maiores de 16 anos a participar da I Quedada Ciclista Pedaladas polo Camiño.
A saída terá lugar frente ao concello, seguindo o Camiño do Holandés ata o Monte do Gozo e volta a Fonte Díaz, cun percorrido de 56 quilómetros (ida e volta) que abrangue aos concellos de Touro, Boqueixón e Santiago de Compostela.
Un posicionamento claro de dar visibilidade a todos os peregrinos que ano tras ano elixen este roteiro para chegar a Compostela e tamén unha cordial benvida aos novos cicloturistas da EureVelo 3
Sen présas, gozando da paisaxe e a súa riqueza natural, chegaremos ao Monte do Gozo onde repoñeremos forzas antes de voltar cara a Fonte Díaz, final da quedada e onde nos agarda algunha que outra sorpresa.
Para máis información non deixedes de visitar a páxina web do concello e o blogue de turismo e seguídenos nas redes sociais #touroEcamiño #PedaladasTouro