Ferrolterra e Eume » Cerdido
Esta ruta ofrece a oportunidade de percorrer as ribeiras do río Pontellas, na que se pode facer unha parada nun muíño tradicional e unha pequena minicentral eléctrica, así como cruzar numerosas pontellas, elementos que dotan dun grande valor etnográfico ao percorrido.
Trátase dunha enriquecedora experiencia que combina natureza, tradición e modernidade.
Datas: De luns a domingo
Horario: Baixo petición
Duración: Media xornada ou xornada completa
Guía: Si
Prezo: De balde
Nº de prazas: Sobre 50-55 escolares