Lúa Chea no Barbanza, Autocine en Rianxo
A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte presenta LÚA CHEA NO BARBANZA, unha proposta de autocine que se levará a cabo nos catro concellos de Arousa Norte ao longo dos meses de Xullo e Agosto.

Barbanza-Arousa » Rianxo
17 Xullo a 18 Xullo
Esta proposta estará presente nos catro concellos de Arousa Norte dende o 3 de xullo ata o 21 de agosto e contará con catro sesións en cada un dos concellos: Cinema Actual, Cinema Familiar, Cinema Clásico e Cinema Galego. As catro concellerías de cultura de Arousa Norte encargáronse de presentar cada unha das programacións: María Outeiral (Concello de Boiro), Mariola Sampedro (Concello de Ribeira), Raquel García (Concello de Rianxo) e Patricia Lojo (Concello da Pobra do Caramiñal).
Autocine Lúa Chea no Barbanza estará no concello de Rianxo o venres 17 e o sábado 18 cos seguinte pases:
VENRES 17 DE XULLO
- 20:30 h Cinema Paradiso (Cinema Clásico)
- 23:30 h O que arde (Cinema galego)
SÁBADO 18 DE XULLO
- 20:30 h O Cid (Cinema familiar)
- 23:30 h La Biblioteca de los libros rechazados (Cinema actual)
As entradas serán de balde e para acceder a cada unha das películas é preciso rexistrase no enlace barbanzarousa.gal.
Galego