XXVI Feira de Olería ALFAROLEIROS

O parque Luis Seoane de Santa Cruz acollerá entre os días 5 e 9 de agosto a XXVI edición de ALFAROLEIROS.
Cartel Alfaroleiros
Programa Alfaroleiros
As Mariñas » Oleiros
05 Agosto a 09 Agosto

Un ano máis celébrase a tradicional Feira de Olería ALFAROLEIROS.

Nesta situación que nos toca vivir, o Concello de Oleiros segue apostando pola arte e a cultura coa finalidade de axudar a estes sectores que tanto están a sufrir os embates da pandemia.

A feira terá lugar entre o 5 e o 9 de agosto no parque Luís Seoane e paralelamente ofrecerase unha ampla programación de actividades culturais e de ocio dirixidas a todos os públicos.

Atendendo ás indicacións e medidas de seguridade e hixiene fronte ao COVID-19, tanto na feira como nas actividades que se leven a cabo, será obrigatorio manter a distancia de seguridade, asistir con máscara así como atender a todas as indicacións e normas que garantiran a seguridade das persoas asistentes.

Máis información en www.oleiros.org

Galego