Festa da Filloa de Lestedo

A festa da filloa de Lestedo converteuse nunha festa gastronómica de referencia da comarca
Marzo
Marzo/Abril - Entroido. Domingo de Piñata (Domingo seguinte ao martes de Entroido)
Terras de Santiago » Boqueixón
Festas gastronómicas
Lestedo, Boqueixón
Produto: 
Filloa
Ano primeira edición: 
1984
FITG: 
Si

A festa da filloa nace polo Entroido do ano 1984, converténdose co paso do tempo nunha das festas gastronómicas máis importantes da comarca, atraendo cada ano a milleiros de persoas ao campo da festa de Lestedo, lugar onde se celebra.

O produto exaltado, a filloa, é a sobremesa de entroido por excelencia que consiste nunha masa preparada a base de leite, fariña e ovos que admite diferentes formas de preparación. En Lestedo é posible degustalas soas, recheas de mel, de chourizo, etc.. As filloeiras contan que o gran segredo da súa elaboración é manter a pedra na que se elaboran as filloas sempre á mesma temperatura, para que acaden unha textura semellante ó papel de fumar.