Ferrolterra e Eume » Ortigueira
Na granxa do Souto atopámonos cun picadeiro de cabalos que nos ofrece un abano de actividades que ofrecer ao alumnado.
Entre as actividades que nos ofrece este espazo está o goce da vida na granxa, o bautismo hípico, a posibilidade de elaborar un obradoiro de millo e horta, dar un paseo polas ribeiras do río, facer interacción animal e elaborar diferentes talleres na aula de natureza da que dispón a granxa.
Datas: Baixo petición. De luns a sábado
Horario: Baixo petición
Duración: 1 ruta para 1 día
Guía: Si
Prezo:
- Máis de 80 escolares: 13 € / escolar.
- Entre 80 e 51 escolares: 15 € / escolar.
- Entre 50 e 21 escolares: 17 € / escolar.
- Entre 10 e 20 escolares: 20 € / escolar.
Nº de prazas: 100 escolares