As Mariñas » Betanzos
O obxectivo desta ruta é dar a coñecer todo o patrimonio histórico artístico da cidade de Betanzos.
O casco histórico de Betanzos foi declarado conxunto histórico artístico en 1970 e conta con dous monumentos nacionais como son as igrexas de Santa María de Azogue e San Francisco.
A través do percorrido polo recinto medieval da cidade, a única de Galicia que conserva tres portas medievais, coñeceremos episodios da historia da cidade, feitos curiosos e visitaremos os principais monumentos.
Datas: De luns a venres
Horario: De 10:00 a 14:00 horas
Duración: Unha hora e media
Guía: Si
Prezo: 44€ por grupo
Nº de prazas: 50 escolares