Museo do mar e Casa Museo de Manuel Antonio

Barbanza-Arousa » Rianxo

Esta visita ofrece a posibilidade de coñecer máis sobre o mundo marítimo e pesqueiro, incidindo tamén na conservación e na conciencia medioambiental.

Con respecto á Casa Museo Manuel Antonio, a persoa visitante poderá valorar o patrimonio cultural, así como aproveitar a explicación sobre o legado do autor e aspectos relevantes da Galicia da época.

Datas: De luns a venres

Horario: 9:00-15:00h.

Duración: 2 horas (unha por cada recurso)

Guía: Si

Prezo: De balde

Nº de prazas: 25 escolares por recurso